Informe do Ministerio

Dúas de cada dez persoas dependentes en Galiza continúan sen recibir atención

Un estudo do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade recoñece que en Galiza 18,8 por cento de persoas en situación de dependencia continúan sen recibir atención. A nivel de Estado, un de cada catro dependentes aos que se lles asignou  un servizo ou prestación en aplicación da Lei para a Autonomía Persoal e atención ás persoas en situación de dependencia  non recibe ningunha delas.

 

Así, das 1.263.640 persoas en situación de dependencia que teñen recoñecida algunha prestación, hai 314.925 que non a obtiveron aínda, o 25 por cento, segundo o balance do Sistema de Atención á Dependencia, a 30 de novembro de 2017, que recolle Europa Press.