Luz verde da mesa do Congreso á comisión de investigación sobre o accidente de Angrois

Congreso,

O PP votou en contra.

A mesa do Congreso dos Deputados deu esta terza feira luz verde á petición de Unidos Podemos e PSOE para que se cre na Cámara unha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. A decisión adoptouse cos votos de ambos os dous grupos e Ciudadanos e malia o rexeitamento do PP.

 

Segundo concretaron a fontes parlamentarias citadas por Europa Press, a decisión adoptouse tras a recepción dun informe dos servizos do Congreso que argumentaba que non había ningún inconveniente para que o órgano de goberno da Cámara volvese pronunciarse sobre un asunto que En Marea, xa expuxera ao comezo da lexislatura.

 

Agora será a Xunta de Portavoces a que poña data ao debate en Pleno para a creación da comisión de investigación. Durante a etapa da maioría absoluta do PP, os 'populares' impediron que a discusión sobre a apertura dunha investigación sobre o sinistro que entón demandaba o Bloque Nacionalista Galego (BNG) chegase ao Pleno do Congreso. Unha negativa que volveron reiterar na lexislatura de foi de decembro de 2015 a xuño de 2016.

 

Ao principio desta lexislatura, En Marea rexistrou de novo unha solicitude para crear unha comisión de investigación, pero non foi cualificada pola Mesa co argumento de que xa fora rexeitada meses antes. En Marea volveu pedir formalmente a apertura desa investigación despois de queo PSOE cambiase o seu posicionamento e presentase unha petición para crear esa comisión parlamentaria.