Os lumes atinxen por volta de 800 hectáreas no Parque Natural do Xurés

Imaxe nocturna dun dos lumes no Parque Natural do Xurés

Segundo os últimos dados de Medio Rural, continúan dos focos activos e un sob control na parroquia de Río Caldo, concello de Lobios. Levan ardidas máis de 800 hectáreas nun territorio que é Rede Natura.

Nos incendios que fican activos neste momento nas parroquias de Río Caldo están comprometidas 650 hectáreas nun lume e 90 noutro. O que está sob control leva calcinadas 51 hectáreas.

 

Mentres os efectivos anti-incendios combaten eses lumes, as lapas prenderon en Rebordechau, concello de Vilar de Barrio, con por volta de 80 hectáreas queimadas.

 

Outras 20 hectáreas ficaron baixo as chamas no concello de Vilariño de Conso, na parroquia de Chaguazoso, en tanto que Medio Rural informa de que xa está estabilizado o lume de Chandrexa de Queixa, 40 hectáreas calcinadas.

 

En Lugo, as lapas devoraron 100 hectáreas no concello de Folgoso do Courel, na parroquia de Meiraos.