O lume calcina 70 hectáreas no Parque Natural do Invernadeiro

Imaxe: @BrifLaza

A orixe estivo en dous focos simultáneos en San mamede de Hedrada, no concello de Vilariño de Conso

O Parque Natural do Invernadeiro rexistou esta cuarta feira o primeiro incendio importante da tempada, dous focos a menos de 500 metros un de outro e que calcinaron por volta de 70 hectáreas nesta área protexida do Macizo Central ourensán. O primeiro lume arrasou 54 hectáreas e o segundo unhas 12.

 

Os incendios –cuxa orixe se atribúe a lóstregos dunha tormenta- tiveron lugar nunha zona abrupta e de difícil acceso, de aí as dificultades para combatilos. Tomaron parte 13 brigadas, motobombas e tamén medios aéreos, helicópteros e avións que tomaban a auga do encoro das Portas, en Vilariño. As tarefas de combate contra o incendio esténdese esta quinta feira.

 

Os incendios non son algo descoñecido no Invernadeiro, unha zona de alto valor ambiental e que nos últimos anos rexistrou diversos lumes. Son case 6.000 hectáreas situadas no Macizo Central ourensán, esténdese a través de verdes montañas ou de abruptas paisaxes rochosas. Ten unha fauna importante, como o lobo, do xabaril, cervos, corzos e cabras bravas.