700 hectáreas arrasadas polo lume no oriente do país

Imaxe dun dos incendios de Quiroga este sábado. Foto: @BrifLaza
Máis de 700 hectáreas arden este sábado no oriente do país. Ademais do grande incendio da Gudiña -440 hectáreas- hai focos activos en Quiroga -dous, o maior de 110 hectáreas e o outro de 20-, Riós, Chandrexa de Queixa e Palas de Rei.

Un incendio forestal aínda activo na parroquia da Barxa, na Gudiña, arrasa 440 hectáreas. A Xunta chegou a declarar a situación 2 pola proximidade de vivendas do lugar do Seixo e solicitou a axuda do exército.O lume comezou a quinta feira en Portugal e afecta ao Concello da Gudiña. Segundo os datos achegados polo Goberno galego, na extinción participan cinco axentes, 13 brigadas, un técnico, catro helicópteros e dous avións.

Este incendio é xa un dos que queimou máis superficie este verán canda o de Monforte de Lemos, en arderon case 500 hectáreas.

Ademais do da Gudiña, hai lumes activos en Chandrexa de Queixa, dous en Quiroga, un en Riós e outro en Palas de Rei.