Lotaría de Nadal: caen 3 quintos premios na Galiza, 86.986, 37.023 e 19.371

Os bombos da Lotaría de Nadal, preparados para o Sorteo Extraordinario (Foto: SELAE)

O primeiro foi o máis repartido xa que foi distribuído nas localidades da Coruña, Oleiros, Bergondo, Vigo, O Porriño, Noia, Becerreá, O Carballiño, Ponte Caldelas e Caldas de Reis; mentres que o segundo vendeuse en Santiago de Compostela e o último en Lourenzá.

O Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2020 repartiu xa 3 quintos premios na Galiza, o 86.986 e o 37.023 foron osmáis madrugadores, que saíron en apenas uns minutos de diferenza, o primeiro ás 09:17 e o segundo ás 09:20 horas.

O primeiro foi o máis repartido xa que foi distribuído nas localidades da Coruña, Oleiros, Bergondo, Vigo, O Porriño, Noia, Becerreá, O Carballiño, Ponte Caldelas e Caldas de Reis; mentres que o segundo vendeuse en Santiago de Compostela.

Sobre as 10:42 horas saiu o terceiro quinto premio que cae hoxe na Galiza, 19.371 e foi en Vilanova de Lourenzá.

O Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2020 reparte hoxe un total de 2.408 millóns de euros en premios, 28 millóns máis que o ano anterior.

Entre os premios repartidos pola Lotaría de Nadal destaca o popularmente coñecido como 'Gordo' de Nadal, o primeiro premio, de 400.000 euros ao décimo.

O segundo premio será de 125.000 euros ao décimo e o terceiro repartirá 50.000 euros ao décimo. Ademais, hai dous cuartos de 20.000 euros e oito quintos de 6.000 euros ao décimo. O importe do décimo segue sendo de 20 euros.

Este ano o Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal celebrarase sen a presenza habitual de público por primeira vez na historia desta tradicional cita do Nadal, como consecuencia da pandemia do coronavirus.