‘A loita é a razón’, un himno desde o Morrazo para as mulleres loitadoras

Videoclip do grupo Mardefora, do Morrazo, para reivindicar o feminismo.

‘A loita é a razón’ é o tema de Mardefora, grupo de Sabarigo (O Morrazo) que veñen de presentar en videoclip. “Fala da loita feminista como único camiño para a igualdade”, indican, ao tempo que sinalan que neste traballo participaron mulleres como a escritora Montse Fajardo, Queta Molas, presidenta da Asociación da Memoria Histórica de Marín ou compañeiras do Colectivo Feminista Zeiva, entre outras.