Unha loita contra os lumes e os recortes

Avión Anfibio [Imaxe Ministerio de Agricultura]

A Xunta mantén as liñas principais do seu plan de extinción de incendios forestais a pesar das críticas dos profesionais ante a falta de recursos e a progresiva privatización dos servizos. Este é o Tema de Primeira do Sermos202, xa nos pontos de venda habituais e na nosa loxa. Eis un avanzo.

Alto risco. O 1 de xullo marca a data de inicio do período de alto risco de lumes forestais na Galiza. Un novo verán, o país afronta a ameaza de incendios nos seus montes e, un ano máis, volven as críticas dos profesionais públicos, perante a continuada falta de recursos, a privatización e a descoordinación dos dispositivos.

“No esencial” mantense a planificación de anos anteriores, anunciou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que fixou nas 22.656 hectáreas o teito obxectivo de superficie queimada. A media que ardeu na última década en territorio galego.

Prevención, insisten desde o goberno do PP, mais os feitos poñen en xuízo esta recorrente premisa. Os meteorólogos falan dunha primavera chuviosa, alimento para o combustíbel forestal que, xunto aos insuficientes traballos nos montes, denunciados polos traballadores do sector, engaden elementos potenciais para un estío pasado por lume.

Podes ler a reportaxe completa no número 202 do semanario, á venda xa nos puntos habituais e na nosa loxa.