Unha loita esquecida: a revolta contra o encoro de Vilagudín

[Imaxe: Pedro Trepat] Manuel Fraga Seoane, un dos protagonistas da loita veciñal, en 1979.

As grandes loitas agrarias do ano 1977 (Encrobas, Baldaio, Xove…) eclipsaron unha revolta heroica dos veciños afectados polo encoro de Vilagudín (parroquia de Lesta, concello de Ordes). Esta presa anegou un val fronteirizo emprazado entre os concellos de Ordes, Tordoia e Cerceda, no centro da provincia da Coruña. Escribe sobre estes feitos o historiador Manuel Pazos Gómez.

O conflito de Vilagudín hai que encadralo no contexto da construción da central térmica de Meirama, debido a que as augas do encoro de Vilagudín servirían para refrixerar a central. A resistencia ao proxecto foi liderada por Manuel Fraga Seoane e Moncho Valcarce Vega (o crego das Encrobas) co respaldo a nivel sindical das Comisións Labregas (CC.LL.) e dos Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL). O apoio político chegaría maioritariamente do Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG).

 

Manuel Fraga Seoane, da parroquia de Gorgullos (Tordoia), encabezou a rebelión contra Fenosa. A experiencia migratoria na Suíza, a militancia desde o ano 1977 no Bloque Nacional Popular Galego e nas Comisións Labregas levárono a tomar conciencia da tentativa de saqueo das propiedades dos veciños afectados polo encoro.

 

Posteriormente á revolta (1976-1979), Manuel Fraga Seoane continuou na loita, traballando arreo pola defensa da identidade do país: formou parte activa da Irmandade Moncho Valcarce, creou un Museo Etnográfico no pendello da súa casa e converteuse nun dos artífices, xunto cos seus veciños de Santaia de Gorgullos, da recuperación dos cantos de Nadal e Reis, agora esquecidos.

 

[Podes ler a información íntegra no número 306 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]