Localizan o corpo sen vida do veciño de Moaña desaparecido esta semana

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Saíu a pasada segunda feira a pasear e non se soubo máis del.

Un veciño de Moaña (O Morrazo) localizou na tarde desta cuarta feira o corpo sen vida do home que levaba desaparecido nesta localidade desde a pasada segunda feira, tal e como veñen de confirmar fontes da Garda Civil. O achado produciuse contra as 19 horas de onte, cando este veciño camiñaba por unha zona de motocrós do municipio.

A Policía Local e o Concello de Moaña solicitaran colaboración cidadá e das autoridades para dar co paradoiro do home, de 45 anos de idade. Saíu na segunda feira do seu domicilio, no barrio da Marrúa, para pasear, sobre as 15 horas, pero non se soubo nada máis del.