Localizan o cadáver dun home en Lugo que levaba desaparecido desde o pasado mes

Inmediacións da ponte da Chanca, onde apareceu o corpo sen vida. (Foto: Google)
Todas as hipóteses están aínda abertas.

Unha muller que paseaba co seu can pola zona da Chanca, en Lugo, atopou esta quinta feira un cadáver que, segundo se vén de confirmar nas últimas horas, trátase dun home natural de Cospeito que levaba desaparecido desde finais do pasado mes de maio.

Despois de recibir o aviso, arredor das 21 horas desta quinta feira, axentes da Policía Nacional desprazáronse até o lugar, onde comprobaron que o corpo presentaba xa un avanzado estado de descomposición.

Os primeiros indicios apuntan a que se podería tratar dun suicidio, aínda que a Policía mantén abertas todas as hipóteses até que a autopsia determine as circunstancias do falecemento.