VíDEO-COLUMNA DE XOSé MEXUTO

Por que lles sae gratis amputar o hino nacional galego?

A prohibición das esteladas no Vicente Calderón copou a axenda mediática a semana pasada no Estado. En troca, a mutilación do hino nacional galego no Galiza-Venezuela pasou practicamente desapercibida. Sobre isto reflicte na súa vídeo-columna semanal o director de Sermos.

Grande balbordo mediático arredor da prohibición das esteladas -finalmente abortada por un xuíz- e clamoroso silencio -apenas rachado por Sermos- arredor da nova amputación do hino nacional galego no retorno da irmandiña aos campos de xogo.

Sobre tan rechamante contraste -sobre que significa isto realmente- reflicte na súa achega semanal á rede galega de vídeo-blogues o director de Sermos, Xosé Mexuto.