A lista Vermella do Patrimonio de 'Hispania Nostra' engrosa cun novo ben galego abandonado: Santiago Apóstolo de Camposancos

Imaxe: Hispania Nostra

De 1840, foi colexio xesuíta até a Guerra Civil, en que se converteu en campo de concentración e sede de tribunal militar. para ficar posteriormente no abandono.

Os colexio dos xesuítas Santiago Apóstolo de Camposancos, A Pasaxe (A Guarda) é,polo de agora o último ben galego que pasa engrosar a Lista Vermella do patrimonio que elabora a asociación Hispania Nostra, colectivo que leva catro décadas defendendo a posta en valor do patrimonio no Estado español.

Esta inclusión responde ao seu estado de abandono e “case en ruínas”, segundo HN, deste patrimonio que está en mans privadas. Data de 1840 e foi colexio até pasar a ser campo de concentración na Guerra Civil.Está nunha parcela de 14.400 metros cadrados e o edificio consta de tres patios

Ducias de bens precisan unha intervención urxente para evitar a súa destrución ou desaparición. En menos de cinco anos duplicáronse os bens galegos incluídos en listaxes vermellas debido ao seu deterioro.