A lista de concellos en alerta vermella supera xa a trintena

O número de concellos galegos no nivel máximo de alerta pola Covid-19 ascende a 31, ao pasar a esta situación Carballo, Vimianzo, O Porriño e O Barco e caer o nivel en Mesía e Ordes.

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este domingo até os 31, dous máis que na xornada anterior ao entrar nesta situación Carballo, Vimianzo, O Porriño e O Barco e rebaixarse en Mesía e Ordes.

Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia os concellos de Ferrol, Lalín, Ourense, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Tui, Salvaterra, Monforte, Lugo, Fene, Marín, Redondela, Vigo, Barbadás e Xinzo. 

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol (máis de 76 casos nunha semana), Pontevedra (máis de 96), Compostela (máis de 112), Lugo (máis de 112) e Ourense (máis de 120).

Mentres, en situación dúas (na cor laranxa do mapa) sitúanse 23, dous máis que o sábado. Do total, 17 repiten nesta lista: Neda, A Coruña, Cambre, Culleredo, Mos, Gondomar, Boborás, Malpica, Muros, Oroso, Cuntis, Soutomaior, Bóveda, Ponteareas, Nigrán, Brión e Salceda de Caselas.

Na alerta laranxa entraron este sábado Pontedeume, Noia, Boqueixón e Monterrei, nas que se eleva o nivel de alerta; mentres que tamén ingresan neste grupo Mesía e Ordes ao mellorar a súa situación respecto ao sábado, xa que se atopaban marcados en 'vermello'. Por contra, saen do nivel laranxa e pasan a amarelo Vilaboa, Carral e Boiro.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes --só Vigo e A Coruña, neste caso-- e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.