Proxecto Ríos

A limpeza simultánea de ríos chega nesta XII edición a medio cento de concellos

Participan máis de 70 entidades, desde colectivos ecoloxistas e centros de ensino a comunidades de montes; e desenvolverase este domingo, 29 de setembro.

O Proxecto Ríos de Adega leva organizando dende o 2008 a Limpeza Simultánea, una actuación que neste ano afecta 48 concellos e na que participan 70 entidades e colectivos. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos ríos para recoller o lixo e refugallo que atenta contra a riqueza dos ecosistemas fluviais.

“Para que serve? Evidentemente, o obxectivo principal non é limpar… Nun día pouco se fai. O que se limpe está ben; pero trátase de que a xente participe nunha acción de conservación e de que se poña na axenda a necesidade de manter limpos os nosos ríos”, manifestación Paco Bañobre, coordinador do proxecto, hai unhas semanas en conversa con Sermos Galiza

Na edición de 2018 participaron 548 persoas que retiraron en ríos de 53 concellos de diferentes partes de Galiza 6 toneladas de refugallos.