Sanidade limita as reunións en toda Galiza a 5 persoas e en Santiago só a conviventes

Sanidade limita as reunións a 5 en toda a Galiza e só conviventes en Santiago (Foto: Arxina)

Na provincia de Ourense, a máis afectada actualmente pola incidencia do coronavirus, establécese o terceiro peche perimetral. Así, elévase ao nivel tres de restricións aos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós. Nestes concellos tampouco se permitirán reunións de persoas non convivintes.

A Consellería de  Sanidade decidiu limitar as reunións en toda Galiza a grupos dun máximo de cinco persoas debido á evolución da pandemia de coronavirus, unha restrición que en Santiago e na localidade veciña do Milladoiro endurécese até permitir só as reunións de persoas conviventes.

Estas medidas foron adoptadas na reunión do comité clínico da tarde desta terza feira, 20 de outubro, serán publicadas no Diario Oficial de Galiza na cuarta feira, co que entrarán en vigor a partir da medianoite do quinta.

A Consellería de Sanidade estableceu o nivel 2 de restricións en toda a Galiza, mentres que Santiago e Milladoiro pasan a nivel 3 de restricións de capacidade. Ademais, elévase ao nivel tres de restricións aos concellos ourensáns de Verín, Oímbra e Vilardevós, onde se estabelece unha redución da mobilidade perimetral.