O Lilá vai de romaría en Vigo contra o patriarcado

A cidade viguesa será epicentro o vindeiro 15 de xuño dunha manchea de actividades organizadas pola Plataforma galega polo dereito ao aborto.

Manifestación, reivindicación, festa, convivio, compromiso, ledicia, militancia, música, feira... Palabras todas elas que o vindeiro sábado 15 de xuño han se escribir de lilá en Vigo da man da Plataforma galega polo dereito ao aborto. Desde as 11:30 horas até as 18:00. Unha xornada para reivindicar, festexar e partillar a lóxica contra o patriarcado.

Ás 11:30 horas hai unha concentración na Praza da Estación de Vigo para acoller ás participantes procedentes de toda Galiza. Media hora despois partirá a manifestación, que percorrerá rúas e prazas da cidade que Urbano Lugrís cualificaba de ‘xouba city’ até o Sereo. Unha marcha na que o protesto irá da man da alegría reivindicativa e feminista.

Mais hai moito Máis no programa: asembleas abertas, xantar popular, actuacións (Isabel Risco mestra de cerminonias e música de Habelas Hainas, Teta’s Band...). E unha romaría feminista, con postos de todo tipo e obradoiros...