Leopoldo López, denunciado pola policía en Cambados por saltar o feche perimetral

Leopoldo López (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)

A Policía Local de Cambados propón para sanción o líder opositor venezolano Leopoldo López por sortear o fechamento perimetral.

A Policía Local de Cambados propuxo para sanción o líder opositor venezolano Leopoldo López, que se atopaba esta terza feira, 30 de marzo, nunha terraza do municipio, por saltarse o fechamneto perimetral.

Diso informa o concelleiro de Seguridade Cidadá de Cambados, Tino Cordal, quen explica que a Policía Local realizaba un control rutineiro sobre as 15.30 horas desta terza, no cal se identificou Leopoldo López nunha terraza da céntrica praza de San Gregorio, na que estaba coa súa muller, Lilian Tintori, outra parella e menores.

Nun contexto de fechamento perimetral entre comunidades no Estado español como medida contra a pandemia, ambas as parellas achegaron un documento xustificativo para poder desprazarse.

A Policía Local incoa este expediente sancionador que se remite á Xunta da Galiza, que decidirá agora sobre se se multa ou non a Leopoldo López e o resto de persoas que se atopaban con el.

O Concello de Cambados adheriuse a un convenio polo que o Goberno galego se encarga da tramitación das propostas de sanción por multas anticovid. No informe que lle remite a Policía Local anéxanse os xustificantes presentados por Leopoldo López e o resto de persoas.

Tino  Cordal explica que a Policía Local realiza unhas 250 inspeccións semanais de medidas  anticovid, aínda que nestes días se intensifican pola Semana Santa.