#LibresNaCasa: campaña de apoio ao colectivo de menores LGTBI+ no confinamento

Máis visibilidade trans nun edificio de Compostela

A asociación de familias e menores trans Arelas convida a axudar con mensaxes a través das redes sociais para que sintan o agarimo e o acompañamento da sociedade.

O confinamento está a ser moi duro para moitos colectivos. Desde a asociación de familias e menores trans Arelas comezaron unha campaña para trasladar o seu apoio, a través das redes sociais, a menores do colectivo LGTBI+ que estes días, polas medidas do estado de alarma, deben pasar o confinamento, en moitas ocasións, con familias que non os aceptan.

Nun comunicado, a entidade lembrou que nos últimos días fálase moito da difícil situación que pasan as e os menores por estar en domicilios sen poder saír deles, así como os riscos que hai por problemas económicos ou situacións de violencia asociadas.

Desde Arela queren dar o seu apoio ao colectivo de menores LGTBI+ que non contan “co respecto, agarimo e acompañamento" das súas familias, coas que "deben convivir 24 horas" ao día.