En liberdade con cargos o independentista detido en Ourense

Aladios G.Y está acusado de danos na sede do Partido Popular. Debe asinar cada 15 días 

Aladios G.Y, Che, o mozo militante da Asemblea da Mocidade Independentista (AMI), detido esta fin de semana pola Policía Nacional en Ourense ficou na mañá desta segunda feira en liberdade con cargos, tras ser posto a disposición xudicial. Aladios deberá ten que asinar cada 15 días e fica pendente de xuízo, acusado de provocar danos nunha sede do Partido Popular, segundo confirman desde Ceivar.

Nas horas en que estivo detido nos calabozos da comisaría ourensá das Lagoas o trato recibido tería sido “correcto”, segundo estas mesmas fontes. Aladios G.Y recibiu á súa chegada aos xulgados a soliariedade dun grupo de persoas, que se concentraron ante o xulgado para lle amosar o seu apoio.

Coñecido como Che, Aladios Gómez é un mozo implicado no movemento social da cidade das Burgas, onte participa en diferentes iniciativas e proxectos