Liberdade baixo fianza para a única persoa encarcerada en Galiza pola vaga de incendios

Levaba un mes en prisión por un lume non intencionado que queimou unha hectárea na súa finca familiar.

A Audiencia Provincial de Ourense decretou a posta en liberdade baixo fianza de Miguel M.N., que levaba un mes no cárcere  en prisión provisional por un lume forestal provocado por unha imprudencia e que queimou apenas 1 hectárea na súa finca familiar nos Blancos (Ourense).

 

O avogado da defensa desta persoa presentaran un recurso de apelación e os maxistrados decidiron a liberdade baixo fianza de 2.500 euros.

 

O encarceramento de Miguel xerou os protestos de diferentes colectivos sociais e ambientais. Sociedade Galega de Historia Natural, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG), emitiron naquela altura un comunicado no que destacaban a traxectoria comprometida de Miguel e expresaban a súa "preocupación" polas "circunstancias" nas que se produciu o seu arresto. "Miguel é unha persoa coñecida, valorada e amada por todos aqueles que ao longo dos anos noventa activaron a loita social contra o deterioro da natureza no noso país", explican. Foi un dos cofundadores do O Movemento de Ecoloxía da Limia.