Leopoldo López insiste na ruta turística e dá un mitin nunha cafetería de Celanova

Leopoldo López en Celanova
Ao acto asistiton o alcalde de Celanova, Antonio Puga, da formacion Celanova Decide, e a portavoz municipal do PSOE, Teresa Barge, socios no goberno municipal.

Leopoldo López, político venezolano que a finais do ano pasado escapou de Venezuela, onde levaba meses residindo na Embaixada de España en Caracas, e que esta semana foi multado en Cambados por estar infrinxindo as normas de restrición da mobilidade por causa da covid ao ter viaxado desde Madrid, apareceu de novo esta mañá en Celanova.

Organizado pola asociación de venezolanos Cantaclaro, López participou nun acto político que tivo como escenario unha cafetería céntrica da vila e despois dun mitin dunha hora diante dunhas vinte persoas, deu unha rolda de prensa na que manifestou que está visitando á comunidade venezolana en Galiza. 

Ao acto asistiton o alcalde de Celanova, Antonio Puga, da formacion Celanova Decide, e a portavoz municipal do PSOE, Teresa Barge, socios no goberno municipal. Dúas patrullas da Garda Civil e da Policía Local mantiveron un operativo no exterior, aínda que ningunha fonte puido confirmar se o acto foi informado á Subdelgación do Goberno. 

Á entrada, as organizadoras solicitaban un código QR co convite e insistían que se trataba dunha actividade privada que foi convocada por Whatsapp entre simpatizantes anti-chavistas que fan parte da colonia venezolana na comarca.