Leiro rexistra a temperatura máxima da Galiza con 39,5ºC

calor auga
Esta quinta agárdase acadar os 40ª.

O concello de Leiro, na comarca do Ribeiro, rexistrou esta cuarta feira a temperatura máxima da Galiza, con 39,5 graos centígrados. Esta quinta  espérase acadar os 40 graos en zonasdo sur e interior do país.

Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, a provincia de Ourense concentrou as temperaturas máis significativas da Galiza esta cuarta feira, con 39,2ºC en Arnoia, 38,9 en Ourense e 38,2 en Castrelo de Miño.

Esta quinta, na que se prevé unha xornada con temperaturas superiores aos 39 graos en numerosos puntos, Meteogalicia prevé que se alcancen os 41ºC en Ourense, os 38ºC en Lugo e 36ºC en Santiago.

De feito, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por altas temperaturas na zona sur de Lugo e na área de Miño en Ourense.