Acollerá o rodaxe da longa 'Feedback'

Lalín volve converterse nun plató de cine

Vilariño, xunto coa técnica de Turismo

Após rodarse en Lalín un anuncio publicitario de Samsung, o concello será o escenario da película Feedback, a ópera prima do galego Pedro C. Alonso e producida por Vaca Films e Ombra Films.

Un presentador radiofónico trinfa nas madrugadas londinenses co seu programa nocturno. Unha noite é secuestrado por dúas persoas, enmascaradas, que se fan co control do programa. Este é o fío argumental de Feedback, a primeira longametraxe de Pedro C. Alonso, que elixiu Lalín para rodar a fita, en concreto o Castro Tecnolóxico.

 

Con guión de Alberto Marini, o thriller, producido por Vaca Films e Ombra Films, coa participación da TVE, a Xunta de Galiza e Movistar, volve facer de Lalín un plató de cine. En rolda de prensa, o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, explicou que a gravación “servirá para ligar novamente o municipio co cine e co turismo, dúas actividades que se relacionan e que se benefician mutuamente”.

 

Vilariño: "É unha forma de promoción máis potente e máis rendíbel que a realizada polos medios clásicos"

 

“É unha oportunidade única única para dar a coñecer Lalín”, sinalou o edil nacionalista, quen asegurou que se trata “dunha forma de promoción máis potente e máis rendíbel que a realizada polos medios clásicos”. “Foron meses de traballo até que a produtora deu o seu visto bo á nosa proposta e, tras darlle as máximas facilidades, conseguimos que nos elixiran entre moitas outras alternativas”, engadiu Vilariño.

 

A rodaxe da fita comezará en setembro e durará arredor de dúas semanas. Participarán nela unas cen persoas.