Como dicilo?

Lalín acolle esta sexta feira e sábado a III Festa do Orgullo LGTBI

A Festa do Orgullo a tomar as rúas de Lalín

 

XVI Encontro Universitario de Danza da USC

Compostela

Teatro Principal

Sexta feira

20.30h

O encontro congregará as actuacións de tres compañías nacidas ao abrigo do Espazo de Danza da USC, xunto á Aula de Danza da UVigo e a da Universidade da Coruña.

 

Divinas Palabras Revolution

Carballo

Pazo da Cultura

Sexta feira

21.00h

Estrea da primeira adaptación ao galego da coñecida traxicomedia de Valle-Inclán, Divinas Palabras Revolución, baixo a dirección de XRon.

 

Guadi Galego, en concerto

Ferrol/Viana do Bolo

Teatro Jofre/Casa da Cultura

Sexta feira e sábado

21.00h/20.00h

Continúa Guadi Galego imparábel coa súa xira. Concerto presentación do novo EP “Bóla de cristal”, saíndo do mundo, entrando na bóla.

 

Festa do Orgullo LGTBI

Lalín

Sexta feira e sábado

Lalín acolle entre o 4 e 5 de maio a Festa do Orgullo con actividades culturais e festivas, baixo o lema “Orgullo de ser o que es, aquí tamén”. O programa inclúe actividades culturais, festivas e educativas, a favor da tolerancia, a integración e a diversidade: seminarios, contacontos, masterclass e música.

 

Contos para construír: As letras galegas e Mª Victoria Moreno

Pontevedra

Auditorio Sede Afundación

Sábado

17.30h

Da man dos Piñeiriños, un contacontos especial para darnos a coñecer a figura homenaxeada nas Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno.

 

Falar sen cancelas

Muxía

Casa da Cultura

Sábado

20.00h

Espectáculo protagonizado por tres cómicos excepcionais: Isa Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz. Monólogos cruzados, humor e comedia coa palabra como gran protagonista.

 

Malandrómeda

Bueu

Aturuxo

Domingo

20.30h

Comeza Malandrómeda unha nova xira por diferentes recunchos de Galiza, pronto con novo material, e nesta ocasión en Bueu con formato banda.

 

Somos Resis!

A Coruña

Diversos espazos

Até 26 de maio

Poesía, danza e música contemporánea únense para crear o Resis Festival, un ciclo multidisciplinar que busca poñer en valor as persoas compositoras actuais. O programa desta primeira edición do Resis, Festival de Música Contemporánea e artes relacionadas, inclúe estreas absolutas, danza, poesía e instalacións sonoras e audiovisuais.