Jorge Coira, sobre o lanzamento de "O Diario Galego"

"Hai unha Galiza real que ten moi pouco espazo na prensa impresa en papel"

Jorge Coira

Conversamos con Jorge Coira, director de cinema, sobre o lanzamento de O Diario Galego.

-Que esperas de O Diario Galego?

 

-Non teño ningunha expectativa moi concreta. Que sexa o máis rigoroso posíbel na información, que poida achegar unha visión mais aló da que se ve constantemente nos medios de prensa impresa e que en xeral é moi limitada.

 

-Por que é necesario?

 

-Vivimos unha crise moi seria da prensa impresa. Non tanto de toda a prensa, porque creo que hai medios dixitais máis que dignos e moi interesantes, mesmo de distintas liñas editoriais. En cambio, na impresa en papel eu teño unha sensación moi clara de crise de valores. A información mídese máis pola utilidade que poida ter para os propios medios e para os gobernantes que para os gobernados.

 

-Que importancia terá O Diario Galego no ámbito do audiovisual?

 

-Hai unha Galiza real que ten moi pouco espazo na prensa impresa en papel. Espero que O Diario Galego participe de informar con rigor e poñendo o foco sobre estes elementos culturais, que cubra ese oco de forma imparcial, rigorosa e obxectiva.