IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG

Delegadas da CIG acordan convocar greve xeral de mulleres para o 8 de Marzo

Encontro nacional de mulleres da CIG

Un paro de 24 horas.

Perto de 300 delegadas asistiron ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG, unha asamblea na que acordaron convocar folga xeral de 24 horas e de mulleres o vindeiro 8 de marzo e trasladar esta proposta ao movemento feminista galego.

 

Así o explicou a secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, que fixo un chamamento a colectivos e organizacións feministas no país a “loitarmos xuntas nun novo 8 de marzo e a combater na rúa as agresións do patriarcado”.

 

As delegadas da CIG acordaron ademais dar traslado nos seus centros de traballo das razóns polas que se convoca esta folga. A denuncia do acoso no traballo, físico, psicolóxico ou sexualmente; a denuncia da violencia económica, patrimonial, simbólica, obstétrica ou institucional.