Irvine Welsh e o seu ‘Galiza is not Spain’

O escritor escocés, autor entre outras de ‘Trainspotting’, colga nas redes sociais unha foto de pintadas independentistas galegas e remárcaas cun ‘Viva Galiza!’.

'Viva Galiza!’ pon o chío, acompañado dunha foto de pintadas independentistas nun muro: “Galiza nom é Espanha” e “Galiza is not Spain”. Esa é a mensaxe que Irvine Welsh colgou nas redes sociais hai apenas unhas horas. Pode ser unha imaxe de calquera cidade ou vila galega, o escritor escocés non dá pistas.

Irvine Welsh (Edimburgo, 27 de setembro de 1958) é un dos escritores máis coñecidos do Reino Unido. Grazas nomeadamente a Trainspotting, a súa primeira novela publicada (1993) e que foi levada ao cine por Danny Boyle. Para alén de novelas, ten escrito libros de relatos, guións e pezas para o teatro. Amosouse partidario públicamente en máis dunha ocasión da independencia de Escocia.