Investigan ameazas de bomba en colexios privados de Poio, Gondomar e Pontevedra

Un dos colexios ameazados en Poio (Foto: Google).
Segundo fontes da Garda Civil, por agora foron tres os centros da Galiza os que denunciaron, e sitúanse nos municipios de Gondomar, Poio e Pontevedra.

A Garda Civil investiga as ameazas de bomba recibidas nas últimas horas por polo menos tres colexios privados internacionais galegos do mesmo modo que ocorreu noutros centros escolares situados en varios territorios do Estado.

Segundo fontes da Garda Civil, por agora foron tres os centros da Galiza os que denunciaron, estando situados nos municipios de Gondomar, Poio e Pontevedra.

"Adoita acontecer"

As mesmas fontes explicaron que, en decembro, estas ameazas adoitan rexistrarse, ao tratarse de épocas de exames. Con todo, nesta ocasión destaca que ocorreron alertas a nivel estatal. Ademais, polo menos no caso da Galiza, trátanse todos eles de colexios internacionais.

Pola súa parte, en Zaragoza, polo menos catro centros da capital aragonesa recibiron estas ameazas, polo que a policía xa investiga a veracidade das mesmas.

En Catalunya, os Mossos d'Esquadra atribuíron a unha "falsa alarma" os avisos de ameaza de bomba que varios centros educativos do país recibiron nas últimas horas.