Investigan a morte a tiros de nove cabalos salvaxes na Serra do Barbanza

Unha manda de
Trátase de seis eguas e un poldro que pertencen a un mesmo propietario, ademais doutros dous cabalos da comunidade de montes de Baroña -Porto do Son-, segundo confirmaron esta segunda feira fontes da Garda Civil.

O Seprona investiga a aparición de sete cabalos salvaxes mortos con signos aparentes de violencia na serra do Barbanza, que abarca varios municipios.

Trátase de seis eguas e un poldro que pertencen a un mesmo propietario, ademais doutros dous cabalos da comunidade de montes de Baroña -Porto do Son-, segundo confirmaron esta segunda feira fontes da Garda Civil.

Mortos a tiros

A morte dos cabalos, que presentan indicios de ser abatidos a tiros, produciuse entre a terza feira 19 e a quinta 21 de setembro en varios puntos da serra do Barbanza, que se estende polos municipios da Pobra do Caramiñal, Boiro e Porto do Son.

Tras a denuncia presentada no posto da Garda Civil de Boiro polos propietarios dos animais, o Seprona leva a cabo unha investigación para tratar de esclarecer os feitos.