Investigan un intento de rapto dunha nena en Betanzos

Parque do Pasatempo, en Betanzos, onde supostamente aconteceron os feitos (Foto: leoplus).
Tras ter constancia da denuncia, a Garda Civil abriu unha investigación para determinar as circunstancias dos feitos denunciados.

A Garda Civil abriu unha investigación en relación á denuncia dun intento de rapto dunha menor en Betanzos (comarca das Mariñas), segundo confirmaron fontes próximas ao caso.

Os feitos ocorrerían a terza feira á tarde cando a menor se encontraba nunha área de xogos da zona do Pasatempo, no municipio de Betanzos cando un home tentou levala con el.

Tras ter constancia da denuncia, a Garda Civil abriu unha investigación para determinar as circunstancias dos feitos denunciados.