Confírmase como feminicidio o asasinato dunha muller en Mos
Axentes da Garda Civil informaron de que este domingo, que ao redor das 13.30 horas, un home de 57 anos asasinou presuntamente a súa parella, unha muller de 52 anos, na parroquia de Sanguiñeda, no concello de Mos (comarca de Vigo).
A Subdelegación do Goberno estatal en Pontevedra confirmou que o asasinato da veciña de Mos trátase dun feminicidio. Segundo informou a o Goberno estatal o suposto autor dos feitos é a ex parella da falecida, quen fuxiu no seu vehículo despois de agredila cunha arma branca.
A vítima foi atopada no chan pola súa irmá, quen reside na parte superior da casa unifamiliar na que se produciron os feitos. Segundo informou o subdelagdo do Goberno, Abel Losada, a irmá tería escoitado ruídos e chegou a presenciar a fuxida do presento asasino no seu coche.
O presunto asasino xa foi localizado pola Garda Civil, despois de atoparse en paradoiro descoñecido. Desde a Subdelegación informaron que a última hora desta tarde o equipo dos GRS da Garda Civil entrou no domicilio do presunto asasino no Porriño, no que o atoparon morto.
Losada informou de que non había denuncias previas e que a falecida non figuraba no sistema de protección VioXén.
O Concello de Mos vén de convocar este domingo ás 19 horas un minuto de silencio, diante da Casa do Concello, en memoria da muller asasinada. Un acto que, segundo informou o Goberno local, se realizará como “mostra de respecto, solidariedade e apoio á familia e persoas achegadas da vítima”. Aliás, o Concello condenou “todas as formas de violencia”.
Aliás, esta segunda feira desenvolverase un pleno extraordinario ás 20 horas para decretar tres días de loito.