Intoxicación nas escolas infantís da Xunta: afectadas crianzas de no mínimo unha decena de centros

Nenos e nenas de centros da 'Galiña Azul' nas áreas da Coruña e Cangas sofren reaccións alérxicas após inxerir alimentos do menú.


 

A finais de outubro máis de 40 crianzas estiveron afectadas por intoxicación leve a causa do menú de peixe servido nos comedores escolares de varios centros das zonas de Pontevedra e Marín. Agora, a Xunta investiga novos casos de reaccións alérxicas detectadas esta terza feira nunha decena de escolas infantís 'A Galiña Azul', dependentes da Xunta, cuxos comedores están xestionados pola mesma empresa que se encarga do catering das escolas onde se deron as intoxicacións en outubro.

Segundo sinalaron fontes do Goberno galego, nenos e nenas dunha decena de centros das zonas da Coruña e Cangas sufriron unha reacción alérxica leve após inxerir os alimentos do menú, consistente nunha crema de b´recol con cabaza e lombo de polo con macarróns.

Técnicos de Sanidade tomaon mostras do menú para investigar a orixe da reacción e estudar a posíbel relación co episodio rexistrado a finais do mes de outubro.