Restabelecido o tráfico ferroviario entre Compostela e Ordes após cortarse pola aparición dun corpo nas vías
A incidencia produciuse no barrio de San Lázaro da capital galega.
Adif informou do restabelecemento da circulación ferroviaria entre Santiago e Ordes despois de que esta se vira interrompida pola aparición dun cadáver nas vías, unha incidencia que afectou os trens que fan o percorrido entre a capital galega e A Coruña.
A incidencia produciuse arredor das 10.10 horas, dando conta ao 112-Galiza o propio xestor das infraestruturas ferroviarias.
Unha vez se cubriron todos os trámites legais que permitían o levantamento do cadáver e a xuíza de garda o autorizou, retomouse a circulación de trens nesta parte do Eixo Atlántico.
Renfe habilitou transporte alternativo por estrada entre as dúas estacións de Larga e Media Distancia. As viaxeiras e os viaxeiros foron trasladados en diferentes autobuses.