A intermodal de Santiago de Compostela xa loce o nome de Daniel Castelao coa previsión de inaugurarse a próxima semana
A estación intermodal de Santiago de Compostela xa loce desde esta cuarta feira, na entrada da pasarela, o nome de 'Daniel Castelao' para abrir "en próximos días", previsibelmente a próxima semana.
Previsibelmente, haberá un acto de inauguración da conexión entre as terminais de tren e autobuses que executou o Goberno estatal a través do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).
Para o fin destas obras, que permiten pór a punto a pasarela que conectará ambas as partes da intermodal, anunciáranse varias datas, mais finalmente será antes de que comece xullo. O que queda é que ADIF comece a execución, previsiblemente en próximos meses, do novo aparcamento en altura da terminal.
O nome de 'Daniel Castelao' foi un acordo unánime do pleno municipal de Santiago de Compostela no ano 2019. "Orgullo de denominación da intermodal tras o acordo unánime da Corporación", manifestou a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, tras a colocación do nome do rianxeiro.