Interior dá marcha atrás á dispersión e os membros do Govern irán só a 2 prisións distintas

Consellers á súa chegada á AN

Os homes ingresarán na cadea de Estremera, en tanto que as mulleres entrarán na prisión de Alcalá Meco.

 

Marcha atrás nos planos de Institucións Penitenciarias. En principio estaba previsto separar os presos políticos cataláns en cinco cadeas distintas. Finalmente só será en dúas.

 

6 homes irán a Estremera e 2 mulleres a Alcalá Meco. Os outros dos presos políticos independentistas -Sánchez e Cuixart- están desde 16 de outubro en Soto del Real, separados en dous módulos distintos.