Interceptan en Ourense unha anciá que circulaba en sentido contrario pola A-52

Un detalle da autovía A-52 (Imaxe: European Roads).
Segundo informou a Garda Civil, foi un particular o que alertou os servizos de emerxencias ao redor das 7.02 horas de que había un vehículo en dirección contraria pola autovía.

A Garda Civil interceptou en Ourense pouco despois das 7 horas desta quinta feira unha muller maior que circulaba en sentido contrario co seu vehículo pola A-52.

Segundo informou a Garda Civil, foi un particular o que alertou os servizos de emerxencias ao redor das 7.02 horas de que había un vehículo en dirección contraria pola autovía.

En concreto, a anciá, que conducía un Seat Toledo granate, ía dirección Vigo polos carrís en sentido Benavente.

Foi localizada e interceptada ás 7.13 horas.