Interceptan na A-6 un coche repleto de equipaxe que viña de Madrid e ía á costa galega

Imaxe do vehículo interceptado.


 

Unha muller foi interceptada no seu turismo por unha patrulla da Garda Civil mentres ía cara a Galiza pola A-6 co vehículo cheo de bolsas, maletas e todo tipo de obxectos, que chegaron a ocupar todo o espazo da coche.

A patrulla formou parte do dispositivo despregado para verificar o cumprimento das restricións durante o estado de alarma. Mentres estaban baixo vixilancia no quilómetro 507 da autovía A-6, os axentes detectaron un coche que circulaba en dirección á Coruña e observaron que o turismo estaba cheo de bolsas que ocupaban case todo o interior.

Agás o espazo reservado para a súa condutora, a única ocupante do coche, o interior do vehículo estaba cheo de pertenzas, bolsas, mochilas, maletas e envases que limitaban absolutamente a súa liberdade de movemento e o uso de espellos retrovisor.

A muller, procedente do centro peninsular, tiña a intención de desprazarse até a costa galega, unha viaxe pola que adquirira o coche no que conducía.