[INTERACTIVO] Vilar, o antes e o despois da aldea de Folgoso do Courel calcinada

O lume arrasou as vivendas de Vilar. (Foto: @enriquez_fra)
As chamas arrasaron todas as vivendas deste lugar.

As lapas dos incendios que afectan o concello de Folgoso do Courel calcinaron as vivendas do núcleo de Vilar. Trátase dunha zona con especial afluencia no verán, na que persoas doutros lugares da Galiza e o Estado español construíron segundas residencias.

Veciñanza da zona sinalou a Nós Diario que, se ben durante o ano só tres ou catro domicilios están ocupados, no período estival ese número triplícase ou cuadriplícase.

Na imaxe interactiva que vén a continuación pódese comprobar como as chamas arrasaron varios deses fogares e que son un reflexo dese "antes e despois" de Vilar.

Foto: @enriquez_fra / Twitter

Aliás, segundo puido saber Nós Diario, un centenar de persoas tiveron que ser desaloxadas nos núcleos de poboación próximos aos incendios de Vilamor e pasar a noite nun pavillón, resgardadas das lapas e do fume.