Covid-19: Ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro de Vigo tras chegar en bus desde Madrid

O Hospital Álvaro Cunqueiro

Estanse a realizar tests ás persoas que estiveron en contacto con este paciente.

A xerencia da área sanitaria de Vigo confirmou a representantes sindicais un caso positivo ingresado en UCI dunha persoa procedente de Madrid que viaxou en autobús, polo que se procedeu a testar aos seus contactos.

Así pois, os pacientes hospitalizados con Covid-19 na Galiza aumentan a nove, ao se sumar aos seis na área de Lugo --onde hai un brote na Mariña-- e un na Coruña.

Na área de Lugo, A Mariña e Monforte os casos activos aumentaron a 190, ao sumarse 24 máis que eesta quinta feira, dos cales seis corresponden a pacientes ingresados (un no HULA e cinco no Hospital Público da Mariña), mentres que 184 permanecen en seguimento domiciliario.

A área de Vigo informou esta quinta feira de que 24 casos activos atopan en seguimento no seu domicilio, aos que se suma este paciente na UCI, o único en unidade de coidados intensivos na Galiza.