Un informe testemuña o aumento da tortura en Galiza

O estudo da Coordenadora para a prevención e denuncia da tortura (CPDT) advirte da persistencia da práctica no país e no Estado.

Un mínimo de 12 persoas sofreron torturas en Galiza durante 2017 en 7 situacións, cada unha delas afectando a unha ou máis persoas. Son dados do informe anual  'A Tortura no Estado español' que elabora a CPDT, Coordenadora para a prevención e denuncia da tortura, unha plataforma que agrupa por volta de 40 entidades e colectivos, entre eles os galegos Esculca e 'Xustiza e Sociedade'. A nivel de Estado, o informe fala dun mínimo de 1.014 persoas que sufriron estas prácticas no ano pasado. Este mesmo organismo recollía no seu informe de 2016 foran 11 as persoas que sufrirán en Galiza torturas ou maos tratos. En 2015 foran  23 persoas.

 

Entre 2001 e 2017 morreron mís de 700 persoas baixo custodia de funcionarios de prisións ou axentes das forzas de seguridade

 

A Coordenadora lembra que no informe non se inclúen todas as denuncias de tortura e maos tratos recibidas. Varias ficaron fóra do relatorio por petición das propias persoas afectadas e outras porque a información non puido ser contrastada. Aliás, un número importante destas situacións non sequer é denunciada, indica a CPDT.

 

En 2017 a CPDT tivo coñecemento da morte de 55 persoas mentres se atopaban baixo custodia de funcionarios de insitucións penitenciarias ou das forzas de seguridade do Estado. Tres delas en Galiza (2 na prisión de Teixeiro e 1 ena de Monterroso). En 2016 houbo 34 persoas mortas baixo custodia policial no Estado español. O número ascende a máis de 705 entre os anos 2001 e 2017.