Tres incendios en Baiona enchen de fume a ría de Vigo

Os dous últimos incendios non foron extinguidos

A parroquia de Baredo, en Baiona, sufriu esta fin de semana un total de tres incendios que afectan unha superficie de 30 hectáreas, segundo informa a Consellaría do Medio Rural nun comunicado. O impacto pode apreciarse na ría de Vigo, cuberta polo fume.

Tres incendios afectaron esta fin de semana a Baiona. Rexistráronse na parroquia de Baredo e afectan unha superficie de 30 hectáreas. O primeiro dos lumes rexistrouse pasadas as 00.30h do sábado e ficou controlado ás 8.30h deste domingo. Os outros dous incendios comezaron á 1h do domingo e aínda se traballa na súa extinción.

Os efectos destes incendios percíbense desde toda a comarca. Segundo informa a veciñanza, a ría de Vigo está afectada polo fume.