Un incendio sen control en Mondariz obrigou evacua rmedio cento de persoas e ameazou varias aldeas

Imaxe @briflaza

O lume arrasou xa máis de 150 hectáreas e está estabilizado. Os 60 veciños e veciñas de Sabaxáns que tiveron que abandonar as súas casas este domingo puideron xa voltar de madrugada aos seus fogares. A columna de fume chegou ao norte de Portugal.

Hai un ano, outubro de 2017, unha vaga de incendios en Galiza arrasaba miles de hectáreas, obrigaba desaloxar centos de veciños e veciñas e provocaba a morte de tres persoas, 2 mulleres en Chandebrito e un veciño en Vigo. Agora, tamén en outubro, Mondariz rexistra un dos incendios sen control máis perigosos da acual campaña, que obrigou desaloxar veciñanza dalgúns núcleos e coas lapas cercando aldeas.

 

Por volta de 60 persoas foron evacuadas na noitiña do domingo en Sabaxáns mais xa volveron pasada a unha da madrugada ás súas casas. O incendio arrasou máis de 120 hectáreas e comezou na tardiña do domingo nun monte inzado de eucaliptos que está entre as parroquias de Sabaxáns e Gargamala. A Xunta decretou o nivel 2 (xa desactivado) e no combate contra as lapas participaron numerosos efectivos. O lume achegouse a núcleos como Barral, Barro e Boente.

 

A primeira hora desta segunda feira a situación é mais calma se ben o incendio continúa activo. Desde o goberno local lamentaron que se tardase en reaccionar cos medios aéreos. A Xunta aponta a que este incendio foi provocado.

 

Esta fin de semana houbo amén incendios en Grixoa (Santiago de Compostela), Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín (170 hectáreas), en Ábedes, Verín (37 h), entre outros.