O incendio de Cenlle continúa activo

Foto: @briflaza

Orixinouse na tarde desta cuarta feira na parroquia de Barca de Barbantes e queimou xa 35 hectáreas.

O incendio que desde as sete da tarde desta cuarta feira afecta o concello de Cenlle, na comarca do Ribeiro, continúa activo na mañá desta quinta feira. Nestas horas afectou por volta de 35 hectáreas. O operativo para combatir o lume empregou 13 motobombas, 7 avións e 5 helicópteros.

O incendio orixinouse na parroquia de Barca de Barbantes. As altas temperaturas que se rexistran na Galiza, e moi nomeadamente no sur do país, nestes días e a presenza de forte vento fan que se extremen as medidas perante o perigo de lume forestal.

Na Galiza rexistráronse 585 incendios forestais en tan só os tres primeiros meses de 2019, con 3.600 hectáreas de superficie arrasadas, máis que en todo 2018, no que arderon 2.608, segundo as cifras da Consellaría de Medio Rural.