Un incendio con catro focos calcina 19 hectáreas en Caldas

Un helicóptero antiincendios nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
Fontes da Consellaría do Medio Rural confirmaron que o fogo se iniciou pouco antes das 15 horas e deuse por controlado ás 18.24 horas.

A parroquia de Carracedo, en Caldas de Reis, sufriu esta terza feira un incendio forestal que xa calcinou 19 hectáreas de monte arborizado.

Fontes da Consellaría do Medio Rural confirmaron que o fogo se iniciou pouco antes das 15 horas e deuse por controlado ás 18.24 horas.

As mesmas fontes confirmaron que se iniciou en catro focos, o que apunta a que foi intencionado. En todo caso, as causas investíganse sobre o terreo e están pendentes de determinar.

Para combater o lume mobilizáronse tres helicópteros.

Tamén participaron nos labores de extinción catro axentes, 11 brigadas, cinco motobombas e un técnico.