Un incendio calcina as termas da Chavasqueira en Ourense

Imaxe dun vídeo da Radio Galega

O lume iniciouse sobre a unha da mañá e en menos dunha hora arrasou as instalacións.

Un incendio orixinado esta madrugada calcinou as instalacións das termas da Chavasqueira, en Ourense. Segundo informa a Radio Galega en Galicia por Diante “o lume declarouse sobre a unha da mañá, propagouse axiña e en media hora arrasou coa zona da cafetaría e vestiarios”.

 

Polo de agora descoñécense as causas deste incendio que arrasou as instalacións deste complexo privado das termas e que era un dos atractivos turísticos da cidade. La Región cita un veciño que afirma que escoitou un forte estopuido instantes antes de que se iniciase o lume.