Un incendio arrasa 1.200 hectáreas en Verín e obrigou fechar A-52 e N-525

Imaxe: @BrifLaza

O forte vento e os seus cambios de dirección complicaron as tarefas de extinción que a propia Xunta cualifica de “complicadas”. O lume estabilizouse a última hora da mañá desta sexta feira. A quinta, declarouse o Nivel 2 de alerta pola proximidade do lume ás casas no lugar de Queirugás. Vídeo no Interior.

O peor incendio deste verán en Galiza comezou a primeira hora da tarde na parroquia de Vilamaior do Val e axiña se estendeu a outras zonas dos cocnellos de Verín e Vilardevós, empurrado polo vento, cuxos cambios de dirección complicaron moito as tarefas de extinción. O incendio, sen control, levaba arrasadas máis de 400 hectáreas a primeira hora da noite desta quinta feira, superficie que xa se eleva a máis de 1.200 a primeira hora da mañá da sexta veira. A propia conselleira, Ángeles Vázquez, declarou que todo aponta que o lume foi "intencionado". Hai aberta unha investigación. Os veciños denuncian que nestas semanas tiveron lugar varios incendios nesa mesma zona. A CIG en Ourense rexistrou un escrito en Verín, no que tam´ñen se dirixe aos concellos de Riós, Vilardevós, Castrelo do Val, Monterrei, Cualedro, Laza, Oímbra, A Gudiña e A Mezquita; para pedir que convoquen unha mobilziación que exixa á Xunta un cambio na política forestal. 

 

O lume obrigou a fechar ao tráfico a autovía A52 –as lapas atravesaron os seus catro carrís- e a nacional 525, polo que toda esta área ficou incomunicada por terra varias horas. Perto de 400 efectivos traballan na mañá desta sexta feira para extinguir o lume. Desde a noite, tamén opera na zona a Unidade Militar de Emerxencias (UME). O alcalde de Verín protestou pola falla de emdios nas primeiras horas do incendio.

 

A Xunta tivo que declarar o Nivel 2 de alerta no lugar de Queirugás pola proximidade das lapas ás casas. Nos traballos de extinción interviron, entre outros, 12 helicópertos e 4 avións, medios que pola noite non puideron actuar.

 

Durante a tarde, a gran columna de fume do incendio era visíbel desde non poucos puntos da comarca e do veciño Portugal. A Xunta informa que no incendio non resultou ferida ningunha persoa nin afectada ningunha vivenda.

 

Medios

 

Noa Presas (BNG) solicitou que a Xunta dispoña de xeito inmediato de máis medios para loitar contra os incendios na provincia ourensá. A parlamentaria advirte contra un “agosto negro” en Ourense e lembra que o Bloque reclamou máis medios hai  uns días alertando do que podía pasar.  “Ourense ten unhas condicións diferenciadas como é o abandono dunha parte moi significativa do seu territorio que está, literalmente, a monte”, indicou, “ademais das condicións meteorolóxicas adversas caracterizadas polas altas temperaturas”, alegou, “aínda que este verán por fortuna foron ata agora máis moderadas”.

 

O deputado Davide Rodríguez e a deputada Paula Quinteiro (En Marea) rexistraron unha serie de preguntas sobre a eficacia do dispositivo de prevención e extinción de incendios. Os deputados lembran que a actividade incendiaria en Galiza é a máis alta de todo o territorio do Estado español.

 

Vídeo: @amparanoiaofi