Incendian unha cisterna de 'Leche Río' en Frades

O incendio foi intencionado. O sector presume que puido ser obras de gandeiros descontentos pola falla de solucións á crise, segundo 'Campo Galego'.

Un incendio intencionado calcinou unha cisterna de 'Leche Río' que estaba estacionada en Abellá, no concello de Frades. Unha acción que se produciu na madrugada da segunda a terza feira e que trascendeu a través das fredes sociais de Leite Lugo e o xornal da comarca de Ordes 'Crónicas', recolléndoa a web Campo Galego.

Este portal indica que se descoñece quen é ou son os autores da sabotaxe, mais que no sector “presúmese que foi obra de gandeiros descontentos ante a falta de solucións á crise láctea”. Os baixos prexos -con ameaza de baixar aínda máis- e a suspensión de recollida por parte dalgúns operadores fan que a situación sexa crítica. Campo Galego lembra que hai 400 explotacións que, perante a falta de compradores, teñen que enviar toda a súa produción para leite en po.

“Os boicots a cisternas repítense con regularidade nos últimos meses, se ben ata agora consistiran principalmente no baleirado do leite do seu interior.”, afirman.  

Cómpre lembrar que nas últimas semanas o malestar no seo do sector leiteiro galego aumento, após ver como non se concretan os compromisos que repercutan en suba do prezo que se lle paga polo leite.

Imaxe: Campo galego