Imputado un colectivo feminista de Sarria por “denunciar o acoso que sufriu unha muller”

Acusado de “calumnias”.

O Colectivo Feminista Mulleres de Raíz informa que vén de ser citado como ‘investigado’ (imputado) nun proceso penal por, afirman, denunciar a través de Facebook “o acoso que sufriu unha muller” por parte dunha persoa que é quen agora denuncia este colectivo.

“O acosador permítese o luxo de se querelar contra do Colectivo Feminista que só se fai eco do seu comportamento machista e delictivo e, ademais, a Xustiza permítello… Vivindo no Porco de Pé”, denuncian nas redes sociais.

Mulleres en Raíz afirma que “a muller acusada presentou denuncia polo acoso e ten corroborado que o que dixemos do acosador é, simplemente, a verdade”

Mulleres en Raíz afirma que “a muller acusada presentou denuncia polo acoso e ten corroborado que o que dixemos do acosador é, simplemente, a verdade”.

A isto o colectivo feminista engade que “a publicación e denuncia neste mesmo muro de Facebook fixo posíbel que, baixo o anonimato que nos solicitan: máis mulleres da Vila nos contaran similares experiencias con este “señor”.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres xa amosaron a súa solidariedade e apoio ás feministas de Sarria.