Impulsan o xérmolo para crear unha gran plataforma social contra a minaría contaminante

Corcoesto
Adega, CIG, FRUGA e Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común presentaron un manifesto para un aproveitamento sustentábel dos recursos mineiros

 

Adega, CIG, FRUGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común veén de facer publico un manifestopara un aproveitamento sustentábel dos recursos mineiros. A iniciativaquere sentar as bases para a constitución dunha "ampla plataforma social galega contra a minaría contaminante". Un manifesto que se elaborou, indican as e os promotores "dadas as repercusións sobre o ambiente e o tecido social e produtivo do mundo rural galego que pode xerar o aproveitamento dos recursos mineiros, e perante a crecente conflitividade social que estes proxectos están a xerar”.

Dende as organizacións impulsoras convídase a todas as organizacións e colectivos sociais, políticos, asociacións veciñais e plataformas de afectados a participar neste proceso, "debater as propostas e incorporar no seu eido de traballo estes acordos a xeito de mínimo común que permita dar unha resposta galega á grave ameaza que a minaría contaminante supón para o noso medio rural".